Un ano máis visito a Illa de San Simón convidado por Xerais para presenciar a entrega dos premios literarios máis importantes de Galiza. Unha chea de caras, unhas coñecidas e outras non, que embarcamos no porto de San Adrán coa esperanza de vivir unha noite máxica entre letras. Como non puido ser menos, e a pesar do tempo, todos gozamos cunha entrega emocionante e unha merenda fantástica.

Cada vez que piso as terras desta pequena illa, non podo deixar de sentir unhas cóxegas no estómago que me lembran o ano en que fun un dos gañadores. Penso que esa sensación, esa emoción, nunca esvaecerá. O mesmo que todo o que viu despois do premio da man da editorial Xerais, coa publicación do libro “A chave da Atlántida”. Moitas grazas. Encabeza o post o booktrailer dese libro, cuxa historia tamén acontece noutras illas, neste caso nas Illas Cíes, situadas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

Parabéns aos premiados: María, Ledicia e Eduardo. Unha aperta forte.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies