talleres ilustración

Ler conta moito 2017

By | creatividad, cursos y charlas | 0 Comentarios

Anxo Fariña

Bos días, amigos.

Xa están publicadas as novas bases do programa “Ler conta moito”  da Xunta de Galicia. Un programa de dinamización da lectura para bibliotecas públicas.

Este ano teño unha nova actividade/obradoiro no catálogo:

Esta actividade mestura a ilustración co Mindfulness. O Mindfulness, ou conciencia plena, é un concepto que provén do budismo pero que está de actualidade na nosa sociedade. Nun mundo cheo de stress e présas convén deterse un pouco e respirar. Está demostrado que a combinación da arte co Mindfulness produce efectos positivos no organismo, nas nosas emocións, creatividade e benestar.

Está destinada a varias franxas de idade:

-nenos de 5 a 12

-mocidade.

-adultos.

O enlace AQUÍ

Pan e os marcianos

By | ilustración, libros | 0 Comentarios

Ola amigos. Tráiovos un novo libro que escribín e ilustrei para a colección “O xardín de Alethea”. Nesta ocasión, o divertido personaxe voador Pan coñecerá a un novo amigo do espazo exterior. Ao pouco tempo, darase conta de que ten un apetito voraz e ameaza con comerse todas as plantas da illa de Alethea. Como poderá Pan parar esta invasión?

Pan y los marcianos Anxo Fariña

Obradoiros de ilustración

By | creatividad, cursos y charlas, ilustración | 0 Comentarios

obradoiro_2014

Hoxe estiven de visita no Ceip Sárdoma-Moledo para impartir tres obradoiros de ilustración para os alumnos.

É incrible ver como se emocionan os rapaces ao comprobar que eles tamén son capaces de crear, unha vez superan os seus medos e atrévense a experimentar aquilo que lles conto. Sorpréndense ao ver como se poden facer ilustracións colaborando entre eles, ou a partir dun conto que escribiran entre todos.

Un saúdo moi grande ás profesoras, en especial a Tamar

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies