Megatoxos

Anxo Fariña

Os Megatoxos e o dragón de xade

By | libros, Megatoxos, presentaciones de libros | 0 Comentarios

Xa chegou, amigos. O mellor e máis agardado libro de Os Megatoxos. Non me chegan as palabras para contarvos o encantado que estou con esta nova entrega ambientada no Xapón. Nestes días irei desvelando máis acerca do seu contido, da historia dos auténticos superheroes galegos. Ninjas, dragóns, aparicións xaponesas, a infancia oculta de Faísca e Ruxe, a “amizade especial” entre Lúa e Ezbel, unha boda entre a nobreza medieval xaponesa…

Sabiades que é a primeira saga xuvenil que chega ao seu quinto número en Galicia e escrita en galego? Pois si, ata o de agora ningún escritor en Galicia lograra esa fazaña, e estou moi contento, xa que se o conseguín e grazas a vós. Se non fose polos vosos azos a agarimo, os Megatoxos nunca poderían chegar onde chegaron.

Nuns poucos días poderédelo atopar nas vosas librerías favoritas, e se non podedes agardar, xa podedes mercalo online!!!!

Está editado con Xerais no seu espectacular formato cun acabado impecable.

Algúns enlaces onde xa o podedes encargar:

Pronto disponible en ebook nas diversas plataformas.

Visitas a centros (6)

By | cursos y charlas, libros, Megatoxos | 0 Comentarios

megatoxos1Hoxe estiven no colexio Salesianos de Vigo para falar dun dos meus libros da saga Os Megatoxos.
Estivemos intercambiando ideas, debuxos e palabras sobre “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” que recentemente chegou á súa segunda edición na editorial Xerais.

¡Grazas amigos! Verémonos pronto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies