libros

Ler conta moito 2017

By | creatividad, cursos y charlas | 0 Comentarios

Anxo Fariña

Bos días, amigos.

Xa están publicadas as novas bases do programa “Ler conta moito”  da Xunta de Galicia. Un programa de dinamización da lectura para bibliotecas públicas.

Este ano teño unha nova actividade/obradoiro no catálogo:

Esta actividade mestura a ilustración co Mindfulness. O Mindfulness, ou conciencia plena, é un concepto que provén do budismo pero que está de actualidade na nosa sociedade. Nun mundo cheo de stress e présas convén deterse un pouco e respirar. Está demostrado que a combinación da arte co Mindfulness produce efectos positivos no organismo, nas nosas emocións, creatividade e benestar.

Está destinada a varias franxas de idade:

-nenos de 5 a 12

-mocidade.

-adultos.

O enlace AQUÍ

Horizonte de sucesos (2)

By | diseño, ilustración, libros | 0 Comentarios

horizontedesucesos

Aquí está rematada a ilustración de cubertas e solapas da miña próxima novela: Horizonte de sucesos. É un luxo poder ser o deseñador e ilustrador do meu propio libro, xa que a imaxe ten unha estreita relación co que acontece na historia. E iso sen contar que na novela o protagonista está realizando este mesmo debuxo.

O máis curioso é que todo isto sucedeu sen que me decatase de que este ano se celebra o aniversario da morte de Jheronimus Bosch (o Bosco). Como se pode apreciar, a ilustración está baseada no famoso cadro “O xardín das delicias”, en concreto na sección do tríptico onde se reflicte o inferno. Na miña versión intercambio e adapto os elementos para reflectir as vivencias do protagonista. Unha historia baseada en feitos reais.

Xa vos contarei máis :)

25 anos de GALIX

By | apariciones en medios, cuentos, presentaciones de libros | 0 Comentarios

galix25

Hoxe presentamos na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela un libro creado por algúns dos socios de GALIX (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil) e mellores creadores de Galicia. Eu participei neste volume cun conto moi suxestivo sobre os soños e os cans. Unha historia curta, porén divertida e chea de posibilidades. Quizá algún día faga deste microrelato unha historia completa. Quen sabe?

Visitas a centros (6)

By | cursos y charlas, libros, Megatoxos | 0 Comentarios

megatoxos1Hoxe estiven no colexio Salesianos de Vigo para falar dun dos meus libros da saga Os Megatoxos.
Estivemos intercambiando ideas, debuxos e palabras sobre “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” que recentemente chegou á súa segunda edición na editorial Xerais.

¡Grazas amigos! Verémonos pronto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies