Anxo Megatoxos3 Anxo Megatoxos2 Anxo Megatoxos1

O pasado día 14 de marzo inaugurouse a XV edición do Salón do Libro de Pontevedra, co tema: Cociñando contos”.

Este ano estou presente tanto nas actividades realizando obradoiros como no recinto expositivo.

Na área expositiva hai un espazo denominado “cociñando historias con Anxo Fariña”, que imita parte do meu estudio onde elaboro as miñas historias. A decoración reflicte en concreto os elementos utilizados para a coñecida saga dos Megatoxos que xa leva vendidos preto de 40000 exemplares en Galiza e que comezou a súa andadura na extinta editorial A Nosa Terra, e que agora continúa con enorme éxito en Edicións Xerais.

Os obradoiros que realizo son dous, un concertado para centros de ensino e outro libre.

O obradoiro concertado que se realiza no propio espazo dos Megatoxos, trata de ensinarlle aos rapaces os ingredientes para cociñar unha historia.

O obradoiro, deseñado para público familiar, ten o título de: “Decoración de galletas cos Megatoxos” e poden participar rapaces de 6 a 10 anos cos seus pais. Será o día 24 ás 17:30. Saboroso e divertido!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies