Recensión crítica de 4 Xinetes no blogue: Palabra de Gatsby

bd9add_c06be1043dc64ba6a2ec22ed16933353~mv2

Nas grandes historias de aventuras os protagonistas sempre son os encargados de salvar o mundo. ¿Que pasaría se neste caso son os causantes da súa destrución?. Baixo esta interesante premisa, Anxo Fariña escribe e publica 4_Xinetes, unha novela que expón a idea do Apocalipse, con manifestas diferenzas coa idea clásica, pero co mesmo recendo a fatalismo.
 Nesta historia os protagonistas representarían os mesmos papeis que os catro cabaleiros da primeira parte do capítulo sexto da Apocalipse, é dicir : Morte, Vitoria, Fame e Guerra. Eles mesmos descoñecen a súa “condición” pero hai unha atracción entre eles tan enorme que lévaos a interactuar e a reunirse en torno un acontecemento de gran importancia na historia da humanidade. Ese dualismo dos personaxes ou a dicotomía ben/mal impresa no seu xenoma é interesante para a súa evolución, pero noutros personaxes tamén está presente:

 “Para que querería alguén levar dous reloxos?. Non obstante, en canto comezou a pensar no concepto, non lle pareceu tan desatinado e viu reflectida a súa situación: dous reloxos marcaban dous tempos diferentes, marcaban dúas vidas. Unha visible para todos (pulso esquerdo), a convencional, a do home de negocios co seu maletín e o seu horario regular, a que se supón que debes levar, a da súa esposa. E a outra (pulso dereito), negra, de ocupación misteriosa e secreta, escura, inquietante, a da bela Mizuki.” (pág. 76)

 Persoalmente penso que isto é un pouco o símbolo da era contemporánea escenificado na presencia das redes sociais. Os personaxes teñen un perfil en redes sociais no que interpretan unha vida que non é exactamente a súa. Este aspecto acaban trasladándoo a súa personalidade e remata coa formación de seres excesivamente plurais que non son capaces de comprender o seu entorno nin actuar segundo unha moral propia. Outro aspecto a destacar e o gran acerto co que se inclúen diversos conflitos ideolóxicos ou ideas nas que ten que reflexionar a sociedade actual. Moitos se introducen dunha maneira intencionada e sen trabas e outros de maneira case imperceptible.

Grazas  ;). O resto podedes lelo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies