Category Archives: presentaciones de libros

25 anos de GALIX

By | apariciones en medios, cuentos, presentaciones de libros | 0 Comentarios

galix25

Hoxe presentamos na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela un libro creado por algúns dos socios de GALIX (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil) e mellores creadores de Galicia. Eu participei neste volume cun conto moi suxestivo sobre os soños e os cans. Unha historia curta, porén divertida e chea de posibilidades. Quizá algún día faga deste microrelato unha historia completa. Quen sabe?

Anxo Fariña

Os Megatoxos e o dragón de xade

By | libros, Megatoxos, presentaciones de libros | 0 Comentarios

Xa chegou, amigos. O mellor e máis agardado libro de Os Megatoxos. Non me chegan as palabras para contarvos o encantado que estou con esta nova entrega ambientada no Xapón. Nestes días irei desvelando máis acerca do seu contido, da historia dos auténticos superheroes galegos. Ninjas, dragóns, aparicións xaponesas, a infancia oculta de Faísca e Ruxe, a “amizade especial” entre Lúa e Ezbel, unha boda entre a nobreza medieval xaponesa…

Sabiades que é a primeira saga xuvenil que chega ao seu quinto número en Galicia e escrita en galego? Pois si, ata o de agora ningún escritor en Galicia lograra esa fazaña, e estou moi contento, xa que se o conseguín e grazas a vós. Se non fose polos vosos azos a agarimo, os Megatoxos nunca poderían chegar onde chegaron.

Nuns poucos días poderédelo atopar nas vosas librerías favoritas, e se non podedes agardar, xa podedes mercalo online!!!!

Está editado con Xerais no seu espectacular formato cun acabado impecable.

Algúns enlaces onde xa o podedes encargar:

Pronto disponible en ebook nas diversas plataformas.

Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia 2014

By | apariciones en medios, presentaciones de libros | 0 Comentarios

megatoxos

Hoxe estiven na presentación do “Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia 2014″, na véspera do Día Internacional do Libro Infantil. O acto contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente de Gálix, Francisco Castro.

O catálogo editado por Gálix coa colaboración Da AGE e da Xunta de Galicia é unha ferramenta fundamental para dar a coñecer aos nodos creadores.

A fotografía corresponde a unha das páxinas onde aparece un dos meus libros.

Presentación: Os Megatoxos e os Templarios da Luz

By | libros, Megatoxos, presentaciones de libros | 0 Comentarios
Anxo Fariña escritor e ilustrador megatoxos
O día 20 de novembro farei unha presentación do libro Os Megatoxos e os Templarios da Luz no Ies de Beade de Vigo.
O centro cumpre o seu 25 aniversario e, para celebrar dita efeméride, organizaron un interesante calendario de actividades, entre elas a miña visita.
Ademais da presentación farei un obradoiro de ilustración para que mozos e mozas descubran os segredos que hai detrás dos debuxos dos Megatoxos.
Máis información megatoxos.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies