Category Archives: Megatoxos

Salón do Libro 2014

By | cursos y charlas, Megatoxos | 0 Comentarios

Anxo Megatoxos3 Anxo Megatoxos2 Anxo Megatoxos1

O pasado día 14 de marzo inaugurouse a XV edición do Salón do Libro de Pontevedra, co tema: Cociñando contos”.

Este ano estou presente tanto nas actividades realizando obradoiros como no recinto expositivo.

Na área expositiva hai un espazo denominado “cociñando historias con Anxo Fariña”, que imita parte do meu estudio onde elaboro as miñas historias. A decoración reflicte en concreto os elementos utilizados para a coñecida saga dos Megatoxos que xa leva vendidos preto de 40000 exemplares en Galiza e que comezou a súa andadura na extinta editorial A Nosa Terra, e que agora continúa con enorme éxito en Edicións Xerais.

Os obradoiros que realizo son dous, un concertado para centros de ensino e outro libre.

O obradoiro concertado que se realiza no propio espazo dos Megatoxos, trata de ensinarlle aos rapaces os ingredientes para cociñar unha historia.

O obradoiro, deseñado para público familiar, ten o título de: “Decoración de galletas cos Megatoxos” e poden participar rapaces de 6 a 10 anos cos seus pais. Será o día 24 ás 17:30. Saboroso e divertido!

Presentación: Os Megatoxos e os Templarios da Luz

By | libros, Megatoxos, presentaciones de libros | 0 Comentarios
Anxo Fariña escritor e ilustrador megatoxos
O día 20 de novembro farei unha presentación do libro Os Megatoxos e os Templarios da Luz no Ies de Beade de Vigo.
O centro cumpre o seu 25 aniversario e, para celebrar dita efeméride, organizaron un interesante calendario de actividades, entre elas a miña visita.
Ademais da presentación farei un obradoiro de ilustración para que mozos e mozas descubran os segredos que hai detrás dos debuxos dos Megatoxos.
Máis información megatoxos.com

Crítica do libro: Os Megatoxos e os Templarios da Luz

By | apariciones en medios, libros, Megatoxos | 0 Comentarios
Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión críticasobre Os Megatoxos e os Templarios da Luz, de Anxo Fariña.
Narrativa de fondo social

Removendo as conciencias

Edicións Xerais vén de reeditar a terceira entrega das aventuras dos Megatoxos, Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca, os catro rapaces destinados a vivir aventuras incribles, que non por isto se volven inverosímiles, dende que un accidente os convertera en mutantes.
Os megatoxos e os Templarios da Luz trátase dunha reedición enriquecida, revisada e ampliada polo autor quen coloca os protagonistas nos Pireneos, nunha viaxe de estudos que os levará ao pasado,ao París da Revolución Industrial para penetrar nunha orde tan pechada e misteriosa como é a dosTemplarios, sempre fascinante e atraente. Preséntanse conflitos,dúbidas e reflexións sobre a vida e a morte, perigos e aventuras, moitas aventuras nunha lectura que atrapa, idónea para preadolescentes, con todo o que iso implica no que atinxe ás relación entre eles, ao seu rexistro lingüístico e, á súa maneira idealista de enfrontarse ao mundo.
De seguro moitos rapaces e rapazas han estar pendentes, desta publicación. Porque a serie dos Megatoxos é desas que engancha,que crea seguidores e, sen dúbida ningunha, se este fose un país normalizado sería das preferidas na rapazada de entre doce e catorce anos, como acontece con outras series estranxeiras desta sorte, ás que non ten nada que lle envexar, pero que metidas no mainstream causan furor entre os lectores e lectoras.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies