Category Archives: Megatoxos
Déixovos un bosquexo de Quetzalcóatl.
Estou en pleno proceso de escritura do sexto volume dos Megatoxos, e, ao ser escritor e ilustrador, ás veces levo os dous traballos en paralelo.
Presentación de “Os Megatoxos e o dragón de xade”, publicado por Xerais, en Pontevedra, no Culturgal. Unha feira de industrias creativas que sorprende e agrada tanto aos visitantes como aos que participamos nela. Parabéns, e ata a próxima, amigos.

Xa chegou, amigos. O mellor e máis agardado libro de Os Megatoxos. Non me chegan as palabras para contarvos o encantado que estou con esta nova entrega ambientada no Xapón. Nestes días irei desvelando máis acerca do seu contido, da historia dos auténticos superheroes galegos. Ninjas, dragóns, aparicións xaponesas, a infancia oculta de Faísca e Ruxe, a “amizade especial” entre Lúa e Ezbel, unha boda entre a nobreza medieval xaponesa…
Sabiades que é a primeira saga xuvenil que chega ao seu quinto número en Galicia e escrita en galego? Pois si, ata o de agora ningún escritor en Galicia lograra esa fazaña, e estou moi contento, xa que se o conseguín e grazas a vós. Se non fose polos vosos azos a agarimo, os Megatoxos nunca poderían chegar onde chegaron.
Nuns poucos días poderédelo atopar nas vosas librerías favoritas, e se non podedes agardar, xa podedes mercalo online!!!!
Está editado con Xerais no seu espectacular formato cun acabado impecable.
Algúns enlaces onde xa o podedes encargar:
Pronto disponible en ebook nas diversas plataformas.
Segunda edición de “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” na editorial Xerais. Este libro segue dándome alegrías logo de varios anos, xa que na editorial anterior (ANT) chegamos a facer seis edicións do mesmo.
Espero que siga así moitos anos grazas aos seus lectores e fans.
Hoxe estiven no colexio Salesianos de Vigo para falar dun dos meus libros da saga Os Megatoxos.
Estivemos intercambiando ideas, debuxos e palabras sobre “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” que recentemente chegou á súa segunda edición na editorial Xerais.
¡Grazas amigos! Verémonos pronto.
Seguimos coas vistas a colexios. Hoxe estiven de visita no Celso Emilio Ferreiro de Vigo.
Pasounos o tempo voando, e iso que estivemos case dúas horas a falar dos Megatoxos e as súas diferentes aventuras.
¡Grazas por ler Os Megatoxos!