Category Archives: ilustración
Déixovos un bosquexo de Quetzalcóatl.
Estou en pleno proceso de escritura do sexto volume dos Megatoxos, e, ao ser escritor e ilustrador, ás veces levo os dous traballos en paralelo.
Aquí está rematada a ilustración de cubertas e solapas da miña próxima novela: Horizonte de sucesos. É un luxo poder ser o deseñador e ilustrador do meu propio libro, xa que a imaxe ten unha estreita relación co que acontece na historia. E iso sen contar que na novela o protagonista está realizando este mesmo debuxo.
O máis curioso é que todo isto sucedeu sen que me decatase de que este ano se celebra o aniversario da morte de Jheronimus Bosch (o Bosco). Como se pode apreciar, a ilustración está baseada no famoso cadro “O xardín das delicias”, en concreto na sección do tríptico onde se reflicte o inferno. Na miña versión intercambio e adapto os elementos para reflectir as vivencias do protagonista. Unha historia baseada en feitos reais.
Xa vos contarei máis
Unha recensión estupenda dun dos meus libros para os máis pequenos da casa: Pan y los marcianos.
Grazas, EMMAMEMATA.COM
Unha recensión moi simpática do libro “Pan y los piratas comecocos” en: Mishallazgos.com
Ilustración inspirada en el clásico de E. A. Poe, “El cuervo”, realizada para unha exposición itinerante sobre “Clásicos ilustrados”