Category Archives: cursos y charlas

Obradoiros de ilustración

By | creatividad, cursos y charlas, ilustración | 0 Comentarios

obradoiro_2014

Hoxe estiven de visita no Ceip Sárdoma-Moledo para impartir tres obradoiros de ilustración para os alumnos.

É incrible ver como se emocionan os rapaces ao comprobar que eles tamén son capaces de crear, unha vez superan os seus medos e atrévense a experimentar aquilo que lles conto. Sorpréndense ao ver como se poden facer ilustracións colaborando entre eles, ou a partir dun conto que escribiran entre todos.

Un saúdo moi grande ás profesoras, en especial a Tamar

Salón do Libro 2014

By | cursos y charlas, Megatoxos | 0 Comentarios

Anxo Megatoxos3 Anxo Megatoxos2 Anxo Megatoxos1

O pasado día 14 de marzo inaugurouse a XV edición do Salón do Libro de Pontevedra, co tema: Cociñando contos”.

Este ano estou presente tanto nas actividades realizando obradoiros como no recinto expositivo.

Na área expositiva hai un espazo denominado “cociñando historias con Anxo Fariña”, que imita parte do meu estudio onde elaboro as miñas historias. A decoración reflicte en concreto os elementos utilizados para a coñecida saga dos Megatoxos que xa leva vendidos preto de 40000 exemplares en Galiza e que comezou a súa andadura na extinta editorial A Nosa Terra, e que agora continúa con enorme éxito en Edicións Xerais.

Os obradoiros que realizo son dous, un concertado para centros de ensino e outro libre.

O obradoiro concertado que se realiza no propio espazo dos Megatoxos, trata de ensinarlle aos rapaces os ingredientes para cociñar unha historia.

O obradoiro, deseñado para público familiar, ten o título de: “Decoración de galletas cos Megatoxos” e poden participar rapaces de 6 a 10 anos cos seus pais. Será o día 24 ás 17:30. Saboroso e divertido!

Ler conta moito

By | creatividad, cursos y charlas, ilustración | 0 Comentarios

 Outro ano máis  participo no programa da Xunta: Ler conta moito. Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Para poder concertar algunha das miñas actividades (obradoiro creativo cos pelelliños) podesdes facelo a través deste listado.

Obradoiros para docentes.

By | creatividad, cursos y charlas | 0 Comentarios

O día 30 de outubro, estou convidado á  IX Xornada de Normalización Lingüística co fin de impartir uns obradoiros. Estarán destinados ao  profesorado de infantil, primaria e secundaria. Unha iniciativa da Federación de escolas católicas de Galicia.

Celebraráse no Hotel Tryp, en Santiago de Compostela.

“A chave da Atlántida” Premio Frei Martín Sarmiento

By | cursos y charlas, libros, Sin categoría | 0 Comentarios

A chave da Atlántida Anxo Fariña escritor e ilustrador megatoxos premio merlín

O libro “A chave da Atlántida“, gañador do premio Merlín en 2011, foi merecedor doutro galardón, nesta ocasión: O premio Frei Martín Sarmiento.

Un premio moi interesante, xa que o gañador foi elixido polos propios lectores. A entrega celebrouse onte, no Palacio da Ópera de la Coruña, onde tamén tiven un encontro cos mozos e mozas.

Moitas grazas, amigos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies