Category Archives: cursos y charlas
Presentación de “Os Megatoxos e o dragón de xade”, publicado por Xerais, en Pontevedra, no Culturgal. Unha feira de industrias creativas que sorprende e agrada tanto aos visitantes como aos que participamos nela. Parabéns, e ata a próxima, amigos.
Este é un video que fixeron o o Ceip Graxal con motivo do meu visitaen a que lles falei do libro “A chave dá Atlántida”. Ganador do premio Melín (2011) e do Frei Martín Sarmiento (2012) e que xa leva catro edicións.
Grazas, polo voso agarimo.
Hoxe estiven no colexio Salesianos de Vigo para falar dun dos meus libros da saga Os Megatoxos.
Estivemos intercambiando ideas, debuxos e palabras sobre “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” que recentemente chegou á súa segunda edición na editorial Xerais.
¡Grazas amigos! Verémonos pronto.
Seguimos coas vistas a colexios. Hoxe estiven de visita no Celso Emilio Ferreiro de Vigo.
Pasounos o tempo voando, e iso que estivemos case dúas horas a falar dos Megatoxos e as súas diferentes aventuras.
¡Grazas por ler Os Megatoxos!
Mañá pola noite sobre as 9:30, participarei nun evento de ilustración similar ao Pechakucha. Falarei dunha colección nova de libros na que estiven traballando: O xardín de Alethea para a editorial Oxford University Press.
Celebrarase en Vigo, no local “Detrás do Marco”.
Espero vervos por alí e que nolo pasemos moi ben neste formato tan interesante.
Outra vez na estrada de mans do programa “Ler conta moito” ata O Vicedo.
Esta vez realizarei un taller de ilustración e creatividade ao redor da figura dos Pelelliños, que son uns divertidos personaxes que aparecen nos meus libros. Os destinatarios son pícaros de de 4 a 6 anos.
Seguro que saen unhas creacións sorprendentes de mans dos asistentes.
Hoxe estiven de visita en terras de Lugo para facer unha charla sobre os Megatoxos e uns talleres de ilustración creativa.
Un abrazo a mestres e alumnos do Ceip Frei Luís de Granada en Sarria, e outro para o Ceip eduardo Cela Vila de Triacastela.
Espero volver vervos pronto.