…
Nas grandes historias de aventuras os protagonistas sempre son os encargados de salvar o mundo. ¿Que pasaría se neste caso son os causantes da súa destrución?. Baixo esta interesante premisa, Anxo Fariña escribe e publica 4_Xinetes, unha novela que expón a idea do Apocalipse, con manifestas diferenzas coa idea clásica, pero co mesmo recendo a fatalismo.
Nesta historia os protagonistas representarían os mesmos papeis que os catro cabaleiros da primeira parte do capítulo sexto da Apocalipse, é dicir : Morte, Vitoria, Fame e Guerra. Eles mesmos descoñecen a súa “condición” pero hai unha atracción entre eles tan enorme que lévaos a interactuar e a reunirse en torno un acontecemento de gran importancia na historia da humanidade. Ese dualismo dos personaxes ou a dicotomía ben/mal impresa no seu xenoma é interesante para a súa evolución, pero noutros personaxes tamén está presente:
“Para que querería alguén levar dous reloxos?. Non obstante, en canto comezou a pensar no concepto, non lle pareceu tan desatinado e viu reflectida a súa situación: dous reloxos marcaban dous tempos diferentes, marcaban dúas vidas. Unha visible para todos (pulso esquerdo), a convencional, a do home de negocios co seu maletín e o seu horario regular, a que se supón que debes levar, a da súa esposa. E a outra (pulso dereito), negra, de ocupación misteriosa e secreta, escura, inquietante, a da bela Mizuki.” (pág. 76)
Persoalmente penso que isto é un pouco o símbolo da era contemporánea escenificado na presencia das redes sociais. Os personaxes teñen un perfil en redes sociais no que interpretan unha vida que non é exactamente a súa. Este aspecto acaban trasladándoo a súa personalidade e remata coa formación de seres excesivamente plurais que non son capaces de comprender o seu entorno nin actuar segundo unha moral propia. Outro aspecto a destacar e o gran acerto co que se inclúen diversos conflitos ideolóxicos ou ideas nas que ten que reflexionar a sociedade actual. Moitos se introducen dunha maneira intencionada e sen trabas e outros de maneira case imperceptible.
…
Grazas ;). O resto podedes lelo aquí.