Crítica del libro: Os Megatoxos e a os Templarios da luz

Paula Fernández publicó en las páginas de «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, una crítica sobre Os Megatoxos e os Templarios da Luz, de Anxo Fariña.
Narrativa de fondo social

Removendo as conciencias

Edicións Xerais vén de reeditar a terceira entrega das aventuras dos Megatoxos, Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca, os catro rapaces destinados a vivir aventuras incribles, que non por isto se volven inverosímiles, dende que un accidente os convertera en mutantes.
Os megatoxos e os Templarios da Luz trátase dunha reedición enriquecida, revisada e ampliada polo autor quen coloca os protagonistas nos Pireneos, nunha viaxe de estudos que os levará ao pasado,ao París da Revolución Industrial para penetrar nunha orde tan pechada e misteriosa como é a dosTemplarios, sempre fascinante e atraente. Preséntanse conflitos,dúbidas e reflexións sobre a vida e a morte, perigos e aventuras, moitas aventuras nunha lectura que atrapa, idónea para preadolescentes, con todo o que iso implica no que atinxe ás relación entre eles, ao seu rexistro lingüístico e, á súa maneira idealista de enfrontarse ao mundo.
De seguro moitos rapaces e rapazas han estar pendentes, desta publicación. Porque a serie dos Megatoxos é desas que engancha,que crea seguidores e, sen dúbida ningunha, se este fose un país normalizado sería das preferidas na rapazada de entre doce e catorce anos, como acontece con outras series estranxeiras desta sorte, ás que non ten nada que lle envexar, pero que metidas no mainstream causan furor entre os lectores e lectoras.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies